Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B2 |
Adquirir a habilidade para traballar nun contexto internacional |
C4 |
Desenvolverse no exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero, nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional, co obxectivo de acadar una sociedade mais xusta e igualitaria. |
C5 |
Defender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
D1 |
Analizar información relacionada con fontes e feitos internacionais en entornos xeopolíticos, económicos e xurídicos complexos, presenciais ou virtuais |
D2 |
Comprender a estrutura, as competencias e o funcionamento das institucións e organización internacionais, así como as súas relación con outros actores, estatais e non estatais |
D4 |
Comprender os fundamentos teóricos xerais da economía e da estrutura económica internacional |
D7 |
Analizar a realidade global nas súas diferentes dimensións, en particular a xeográfica, a política, a social, a económica e a xurídica |
D9 |
Analizar e avaliar problemas medioambientais e patrimoniais nas relacións internacionais |
D10 |
Adquirir coñecemento das técnicas, métodos de traballo e análise das ciencias humanas, sociais e xurídicas |
D11 |
Analizar a realidade política, social e económica no marco da cooperación internacional ao desenvolvemento |
D12 |
Comprender os instrumentos e mecanismos políticos, xurídicos e económicos que garantan una xestión eficiente de proxectos e negocios internacionais |