Esta materia ten dúas modalidades de avaliación: continua e final. O sistema de avaliación por defecto será o de avaliación continua. No caso de que o alumnado queira optar polo sistema de avaliación final, deberá facelo de maneira expresa, comunicándollo expresamente ao coordinador e ao profesor da materia (se non fosen a mesma persoa) no prazo dun mes desde o inicio do cuadrimestre.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS
O alumnado que opte pola avaliación continua realizará ao longo do curso as diferentes probas descritas na apartado avaliación desta guía, é dicir, dous test, así como a resolución de casos prácticos e outras actividades que se farán durante as clases interactivas. Con estas probas poderán alcanzar un máximo de seis puntos. En todo caso, para poder seguir a modalidade de avaliación continua o alumnado deberá asistir a un 80% das clases expositivas e interactivas.
Ademais, o alumnado realizará un exame de preguntas de desenvolvemento, de carácter obrigatorio, que se celebrará na data prevista no calendario de exames da facultade e que puntuará cun máximo de 4 puntos. Só se sumará a cualificación das probas de avaliación continua se no exame alcánzase unha nota igual ou superior a dous puntos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS
Aqueles alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba para realizar, modalidade avaliación final, constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento, así como a resolución dun caso práctico. A proba escrita cualificarase sobre un máximo de 6 puntos e a resolución do caso práctico sobre un máximo de 4. A nota da resolución do caso práctico só se sumará á da proba escrita a condición de que a cualificación obtida nesta sexa igual ou superior a 3. En todo caso, as competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que no sistema de avaliación continúa
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS
1.Os alumnos que, optando polo sistema de avaliación continua non superen a materia na primeira oportunidade, conservaráselles a nota que obtivesen na avaliación continua cando se presenten á segunda oportunidade (exame de xullo e no seu caso, seguinte curso académico), tendo que realizar exclusivamente e con carácter obrigatorio, a parte teórica do exame que consistirá, do mesmo xeito que na primeira oportunidade, en preguntas de desenvolvemento que representan o 40% da nota. Así mesmo, só se sumará a cualificación das probas de avaliación continua se no exame alcánzase unha nota igual ou superior a 2 puntos (sobre 4). As competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que na primeira edición de actas.
2. Aqueles alumnos que optasen polo sistema de avaliación final, o sistema avaliación será o que se establece nos criterios de avaliación final 1ª edición de Actas.
Publicación das cualificacións: As cualificacións publicaranse na plataforma docente con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o alumnado matriculado.
|