Aínda que se lograron avances significativos, lamentablemente o obxectivo de alcanzar a igualdade de xénero segue sen cumprirse. Por tanto, o compromiso político continuo, un seguimento rigoroso, a participación social activa e unha maior implicación a través das relacións internacionais son esenciais para promover os dereitos das mulleres e alcanzar a igualdade substantiva. Esta materia pretende contribuír á formación con perspectiva de xénero dos futuros profesionais do ámbito das relacións internacionais, dotándolles dos coñecementos e as ferramentas analíticas necesarias para promover a igualdade a escala mundial.