O obxectivo desta materia é ofrecer un enfoque sistemático sobre as organizacións internacionais, facilitando a comprensión por parte do alumnado dos problemas fundamentais que as rodean. Neste sentido, estudarase como foron creadas, desenvolvidas e consolidadas ao longo do tempo como suxeitos secundarios da orde xurídica internacional, capaces de xerar unha vontade propia, distinta da dos seus membros.