Guia docente 2026_27
Facultade de Relacións Internacionais
Grao en Relacións Internacionais
 Materias
  Dereito internacional público
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Dereito internacional público Código O03G440V01204
Titulación
Grao en Relacións Internacionais
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Dereito público
Coordinador/a
Movilla Pateiro, Laura
Correo-e lauramovilla@uvigo.es
Profesorado
Movilla Pateiro, Laura
Web http://https://academica.udc.gal/doa/consultaPublica/look[conpub]MostrarPubGuiaDocAs
Descrición xeral Esta materia ofrece unha introdución sistemática ao Dereito Internacional Público como ordenamento xurídico da Sociedade internacional, cun enfoque orientado ás necesidades formativas do grao en Relacións Internacionais. O seu obxectivo é proporcionar ao alumnado os fundamentos xurídicos imprescindibles para comprender e analizar a dimensión normativa das Relacións Internacionais.
O Dereito Internacional Público constitúe un instrumento esencial para a análise da realidade internacional nas súas múltiples dimensións, e o seu coñecemento resulta indispensable para quen aspira a desempeñar funcións no ámbito das Relacións Internacionais.
A docencia formúlase desde unha perspectiva realista, poñendo en diálogo o ordenamento xurídico internacional cos procesos políticos e xeopolíticos que o moldean e que, á súa vez, el mesmo contribúe a regular.
A materia busca tamén desenvolver no alumnado unha conciencia crítica sobre o papel do Dereito na gobernanza global, o seu potencial para promover a paz, os dereitos humanos e o desenvolvemento sostible, así como as súas limitacións nun sistema internacional descentralizado. Deste xeito, o estudo do Dereito Internacional Público non só achega competencias xurídicas, senón tamén ferramentas analíticas para comprender os desafíos da seguridade internacional, a cooperación multilateral e a resolución de conflitos que constitúen o núcleo da disciplina das Relacións Internacionais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000