Existen dúas modalidades de avaliación:
continua e global. MODELO DE AVALIACIÓN CONTINUA (1ª OPORTUNIDAD): Para
superar a materia, o alumnado deberá realizar ao longo do cuadrimestre dous
cuestionarios tipo test, así como asistir e participar nas clases prácticas,
onde se realizarán os estudos de caso e as actividades de aprendizaxe por
proxectos. Con estas probas, poderase alcanzar un máximo de seis puntos.
Requírese a asistencia a un 80% das clases prácticas. Ademais, ao final do cuadrimestre,
o alumnado realizará un exame escrito de preguntas de desenvolvemento, que
puntuará cun máximo de catro puntos. O nivel mínimo esixido para a superación do
exame final será de dous puntos. A cualificación das probas de avaliación
continua sumarase á do exame final soamente se no exame final se alcanza unha
nota igual ou superior a dous puntos. MODELO DE AVALIACIÓN GLOBAL (1ª OPORTUNIDAD): A avaliación
do alumnado que non siga o modelo de avaliación continua consistirá en dúas
partes: (1) a realización dun exame escrito de preguntas de desenvolvemento,
que representará o 60% da cualificación final da materia; e (2) a realización
dun exame práctico que consistirá nun cuestionario tipo test, que representará o
40% da cualificación final da materia. Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o
sistema de avaliación será similar ao da primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistirá
nun exame final sobre os contidos da materia cuxa cualificación máxima será de dez
puntos sobre dez. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia nas
dúas oportunidades de exame. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante. As titorías do profesorado da materia poden solicitarse nos seguintes emails: tinocordal@uvigo.gal mviso@uvigo.gal |