Os métodos de avaliación e competencias serán as mesmas para todo o estudantado, asistentes ou non asistentes a tempo completo ou parcial, en calquera das convocatorias da materia, aínda que só poderán optar pola avaliación continua ou pola avaliación global. O alumnado terá que decidirse no prazo dun mes contado dende o inicio das aulas se opta pola avaliación continua ou pola avaliación global. Para superar a materia é preciso superar todas as metodoloxía/probas de avaliación.No caso de non superar algunha metodoloxía/proba, haberá que recuperar na segunda convocatoria só a parte non superada. Toda a información relativa ás convocatorias de avaliación (datas, horas e lugares) está recollida no calendario oficial da facultade. As cualificacións da materia faránse públicas nas plataformas propias da Uvigo ("Moovi" e "Secretaría virtual"), ambas as dúas de acceso restrinxido). Estas plataformas tamén se utilizarán para calquera comunicación relevante sobre o proceso de avaliación. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Para manter a avaliación continua da materia é precis a asistencia a un 80% das sesións (agás faltas xustificadas de acordo co indicado no art. 15 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18/04/2023, modificado no claustro de 22/12/2023). Todo proxecto no que se detecte un nivel de plaxio superior ao 25% terá como consecuencia o suspenso nesa metodoloxía/proba de avaliación. |