A materia ten como obxectivo formar ao alumnado nas técnicas, métodos de traballo e análise da historia a través da evolución das relacións internacionais nas Idades Antiga e Media. Darase a coñecer ao alumnado a diversidade cultural desenvolvida nun largo período histórico coa evolución das distintas formacións políticas e as relacións establecidas entre elas, permitindo a súa comprensión nas súas diferentes dimensións: políticas, sociais, económicas e xurídicas.
Esta materia é coordinada dente a Universidade de A Coruña.