Os métodos e criterios de avaliación serán os mesmos na segunda convocatoria.
O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos recursos presenciais e virtuais das Universidades de A Coruña e Vigo.
A avaliación continua consiste na realización da análise de fontes históricas nos seminarios (40% da avaliación final, correspondéndose o 10% a cada comentario realizado). Nesta avaliación inclúense os dous exames de preguntas obxectivas (30% a cada un deles, de Historia Antiga e de Historia Medieval). Haberá que alcanzar cando menos un 5.00 nestes dous exames para que as correspondentes aos comentarios de textos históricos podan facer media para a avaliación da materia.
Para o alumnado especificaranse nas plataformas correspondentes as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación e o calendario de entrega (presencial ou remota) das tarefas propostas. O seguemento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias das plataformas.
Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de avaliación global deberán comunicao ao profesorado responsalble da materia no prazo de 31 dias hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado na Universidade de Vigo).
O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global poderá presentarse ao exame final na primeira convocatoria no horario e data previsto pola Xunta de Facultade.
No caso do estudantado a tempo parcial da Universidade da Coruña seguirase o artigo 7.3 da normativa de avaliación de dita universidade.
En caso de plaxio aplicarase o artigo 14.4 da normativa de avaliación da Universidade de A Coruña