Educational guide 2024_25
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito do traballo e da seguridade social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre, nas datas fixadas no cronograma da materia, realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 20% da nota final. A superación destes cuestionarios non liberará de materia no exame de preguntas de desenvolvemento.
Resultado de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar criticamente as principais institucións e fontes do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
40 A1
A2
A5
B1
C9
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades
concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo
docente responsable o primero día de clase.
Resultado de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar criticamente as principais institucións e fontes do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
20 A3
A4
B3
B4
C10
D1
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento do temario da materia. Para poder ser avaliado polo sistema de avaliación
continua, é preciso acadar como mínimo un 4 sobre 10 nesta proba.
Resultado de aprendizaxe: coñecer, comprender, interpretar e analizar criticamente as principais institucións e fontes do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
40 A1
A2
A4
A5
B1
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá optar entre
dous sistemas de avaliación: sistema de avaliación continua, se cumpre os
requisitos esixidos, e sistema de avaliación final, ao que poderá acollerse en
calquera momento.

1. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
1ª e 2ª EDICIÓN DE ACTAS

Para poder optar ao sistema de
avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80% das clases
teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de
longa duración verificadas con informe médico-, se permita xustificar a
ausencia. De non acreditar a asistencia mínima, deberá acollerse ao sistema de
avaliación final.

A nota final será o resultado da
suma das cualificacións acadadas nas seguintes probas obrigatorias:

1.       Exame de preguntas obxectivas (40% da
nota final). Previsiblemente nos meses de outubro e decembro, os alumnos/as
realizarán dúas probas tipo test sobre o temario, que computarán cada unha un 20% da
cualificación final.

2.       Observación sistemática (20% da nota
final). As actividades concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo docente responsable o primero día de clase.

3.       Exame de preguntas de desenvolvemento
(40% da nota final). Na data oficialmente sinalada para a avaliación da materia
en decembro-xaneiro, os alumnos/as realizarán unha proba de respostas de
desenvolvemento dos contidos teóricos da materia.

En todo caso, para que a
cualificación obtida na avaliación das probas tipo test -exame preguntas
obxectivas- e da observación sistemática poida sumarse á cualificación obtida
no exame de preguntas de desenvolvemento, deberá obterse unha nota mínima de 4
sobre 10 nesta última proba. De non acadarse un 4, a cualificación obtida na
avaliación continua non se terá en conta na 1ª edición de actas, aínda que
poderá conservarse para a 2ª edición das actas (xuño-xullo), na que se aplicará
a mesma regra.

Polo tanto, se non se supera a
materia en xaneiro, a nota obtida na
avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase no prazo extraordinario de xuño-xullo
(2ª oportunidade), salvo no caso de opción polo sistema de avaliación final. Porén, a nota
obtida na avaliación continua non se conservará para convocatorias de cursos académicos
posteriores. No seguinte curso terá que someterse a un novo proceso
de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

2. SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL 1ª
e 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

O estudantado que non se acolla
ao sistema de avaliación continua ou que renuncie en calquera momento, terá
dereito a ser avaliado mediante un exame final que representa o 100% da
cualificación na materia. O citado exame constará de dúas probas:

1.       Exame de preguntas de desenvolvemento dos contidos teóricos da materia (70%
de a nota final). Será preciso acadar como mínimo un 4 sobre 10 nesta proba. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CB4, CB5, CG1 y CE9.

2.       Estudo de casos (30% da nota final).
Competencias avaliadas: CB3, CB4, CG3, CG4, CE10, CT1 y CT5.

Na convocatoria de fin de
carreira, o alumno deberá acollerse necesariamente ao sistema de avaliación
final.

O exame final terá lugar, nas
convocatorias de fin de carreira e na primeira e segunda edición de actas, na
data, horario e lugar especificados no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso académico e
documentación concordante.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN:

As cualificacións publicaranse na
plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso
limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.

De ser necesario, por motivos
excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía,
tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

No caso de concorrer causa que
xustifique a realización de calquera das probas a unha ou máis persoas en data
distinta das previstas no cronograma ou no calendario oficial, poderá
substituírse por un exame oral sobre o contido obxecto de avaliación.

En todos os casos, as probas
indicadas permitirán acadar o seguinte resultado de aprendizaxe: coñecer,
comprender, interpretar e analizar críticamente as principais institucións e
fontes do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000