Educational guide 2024_25
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Principios de economía
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Economía: Principios de economía Código O03G081V01201
Titulación
Grao en Dereito
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía aplicada
Coordinador/a
Pintos Clapés, Juan
Correo-e jpc@uvigo.es
Profesorado
Pintos Clapés, Juan
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral - A materia adecúase ao perfil profesional e académico ao contribuír á formación básica do alumno no campo da Economía, presente en numerosos aspectos no ámbito do Dereito. Polo tanto, debido ao seu carácter básico, proxéctase en múltiples campos profesionais do Dereito, mais non cabe dúbida de que terá máis repercusión naqueles campos máis próximos á Economía tales como avogacía especializada no ámbito mercantil, financeiro ou laboral, rexistradores da propiedade, notarios, funcionarios do Ministerio de Economía e Facenda, etc.

- A materia ten 6 créditos ECTS e posúe carácter obrigatorio. Cúrsase en 1º de Dereito, no 2º cuadrimestre. Inicia ao alumno nos aspectos económicos, xa teñan estes natureza microeconómica ou macroeconómica. Ten claramente unha relación de complementariedade con outras materias deste Grao, como por exemplo: Contabilidade, Dereito Mercantil, Dereito financeiro e Tributario e Dereito Laboral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000