-Con carácter xeral, será necesario o uso de calculadora nas clases da materia e nos exames.
- Por razóns pedagóxicas é altamente recomendable a asistencia regular a clase (tanto ás clases teóricas como prácticas). Neste sentido, recoméndase ao alumno o sistema de avaliación continua.
-É moi recomendable o traballo en grupo. En particular, á hora de realizar os exercicios da materia pode ser frutífero intercambiar ideas sobre as dificultades atopadas; esta estratexia permitirá afondar nos coñecementos da materia.
|