Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo”, do 2023, existen dous
sistemas de avaliación que o alumnado poderá elixir: o preferente, que se
aplicará por defecto, de “avaliación
continua” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación
global” (exames e/ou entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas
oficiais de avaliación establecidas no calendario académico), que deberá ser
expresamente solicitado polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado
responsable no prazo máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre. As
probas de “avaliación global” desta
materia consistirán no seguinte: nas mesmas que na avaliación continua. O
alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase
a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade)
realizaráse no mes de xullo, para o cal habilitarase de novo o acceso á
plataforma docente. Para a culminación exitosa da materia, é recomendable o seguimento do cronograma que estará accesible ao comezo do Máster (Faitic), o cal facilitará a debida realización das actividades planificadas pola docente.Non se avaliará ningunha actividade nin traballo presentado fóra de prazo.É recomendable formular calquera dúbida á docente da materia para poder emendala o máis axiña posible e non esperar ao límite da data de entrega. A avaliación da convocatoria ordinaria e a segunda convocatoria realizarase de igual modo, cos mesmos requisitos. Esta materia é English Friendly, o que implica o
seguinte compromiso: A materia impártese en castelán e galego pero o profesorado traduciu a Guía docente ao inglés; Facilitaranse
materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, as titorías serán atendidas en inglés, se
así o demanda o estudante internacional, e as probas e avaliacións deseñaranse
e implementaranse en inglés (todo isto farase se así o demanda o estudante
internacional). |