Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  Sistema Educativo e Educación en Valores
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Sistema Educativo e Educación en Valores Código O02M066V06104
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3.5 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Fernández Simo, Jesús Deibe
Correo-e jesfernandez@uvigo.gal
Profesorado
Carrera Fernández, María Victoria
Fernández Simo, Jesús Deibe
Web http://https://fcce.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/jesus-deibe-fernandez-simo/
Descrición xeral Toda práctica de intervención educativa afonda as súas raíces no sistema de ideas, procedementos e valores que os seus fins lle asignan. A posición da persoa profesional do campo educativo que quere educar sin ter unha teoría clara e definida da educación sería tan irracional como a daquela que quere guiar a alguén sen saber de onde parte, por onde vai e cara ónde se dirixe.

Esta é a razón pola que, antes de deseñar o desenvolvemento de calquera intervención pedagóxica, o profesorado debe ter clara unha Teoría da Educación que guíe a determinación do proceso educativo e a selección dos medios para logralo.

Para iso, e en primeiro lugar, é necesario precisar que é a Teoría da Educación, que lonxe de referirse exclusivamente a cuestións teóricas sobre a educación, e polo tanto afastadas das realidades educativas, incide, sen embargo, en todos os aspectos propios da práctica educativa. Polo tanto, a Teoría da Educación significa coñecer para facer, saber para logo aplicar mellor as innovacións educativas e, en definitiva, para mellorar a calidade da educación.

De seguido, é obrigado determinar que entendemos por educación, xa que ao ser un termo de uso habitual na vida cotiá, porque a todas as persoas lles afecta de algún xeito, todo o mundo se atrevería a dar unha definición de educación.

Ademais, existen moitos conceptos afíns á educación como formación, ensinanza, aprendizaxe, instrucción, capacitación, que se empregan en moitas ocasións como termos similares e que deben diferenciarse para a súa correcta utilización.

Asimesmo, a educación non se pode reducir soamente a aquela que é impartida na escola -Educación Formal-, xa que as persoas se educan más aló dela e os influxos que se reciben a partires doutros medios son tanto igual ou máis potentes que os que proceden da escola e mesmo interfiren na súa acción.

Polo tanto, se fai necesario traballar os conceptos de Educación non Formal, definida como o conxunto de procesos, medios e institucións específicas, e diferenciadamente deseñados en función de explícitos obxectivos de formación, que non están directamente dirixidos á provisión dos graos propios do sistema educativo regrado; e de Educación Informal, que se refire a aqueles procesos educativos que se producen indiferenciados doutros procesos sociais, que non foron institucionalizados nin sistematizados, e que se dan no curso ordinario da vida.

Un dos factores que influíu na crecente importancia que se lle outorgou tanto á Educación Non Formal como á Educación Informal foi o cambio nos valores defendidos pola sociedade; e, da defensa da virilidade ou da guerra, passuse á defensa da paz ou da tolerancia, valores nos que ata agora non educaba a escola e que a partires da transversalidade, como propoñía a LOGSE, e da inclusión da Educación en Valores da LOE, sí serían incluidos nos seus contidos.

Tendo en conta que a saída profesional deste curso de posgrao é a de ser docente en Educación Secundaria, un bloque de contido se centra exclusivamente no sistema educativo, co fin de introducir ó alumnado no universo da educación, prestando especial atención ós elementos que integran o sistema a as súas funcións en relación coa acción educativa. En consecuencia, se considerarán os axentes socioeducativos e as súas responsabilidades, pero tamén se prestará especial atención a algunhas institucións fundamentais como o Estado ou as Comunidades Autónomas, en tanto responsables da normativa educativa e da redacción e desenvolvemento da Lei Orgánica 2/2006 (LOE) e da actual Lei Orgánica 8/2013 (LOMCE).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000