Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización do traballo para a avaliación continua é obrigatoria. Por causas xustificadas está permitido faltar, como máximo, ao 20% das sesións presenciais das diferentes partes da materia. Os prazos das entregas das actividades, traballos, etcétera. serán comunicados polos profesores e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación continua. O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá que presentarse a unha proba escrita na data que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais (será feita pública oportunamente). Esta proba escrita suporá o 100% da puntuación e terá preguntas de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia. A convocatoria extraordinaria será un examen e/ou a realización de traballos sobre os contidos da materia. Esta proba escrita suporá o 100% da puntuación e terá preguntas de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia. Cualificación numérica de 0 a 10 segundo lexislación vixente (RD 1125/2003). Para superar a materia será necesario sacar un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes na que se divide a asignatura. A nota final é única e será fixada por acordo dos profesores do módulo en base as cualificacións de cada parte, para iso terase en conta á diferente carga de traballo de cada unha das partes. En caso de non superar o mínimo de 5 puntos en uno ou varios módulos, a cualificación máxima obtida a efectos de cubrir a acta, e unha vez ponderada co resto das cualificacións, será de 4 puntos. |