Estudo de casos |
Observación do grao de implicación, participación, actitude |
10 |
|
B2 B3
|
C3 C4 C7 C8 C10 C14
|
D2 D3
|
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Avaliación do documento elaborado en equipo. Análise por parte do docente. Ficha de autoavaliación |
35 |
|
B2
|
C3 C4 C5 C9 C10 C13
|
D2 D3
|
Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización do traballo para a avaliación continua é obrigatoria. Por causas xustificadas está permitido faltar, como máximo, a 4 horas das sesións presenciais.
Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán comunicados polo profesor na clase e é necesario cumprilos para ser
cualificados na avaliación continua.
O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha proba escrita na data que marque o calendario do mestrado para os exames oficiais (será feita pública oportunamente). Esta proba escrita suporá o 100% da puntuación e terá preguntas
de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia.
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. |