Traballo tutelado |
Presentación e entrega, na data sinalada dos traballos realizados de xeito individual ou en grupo polo alumnado. Valorarase o marco teórico, a estrutura e articulación do traballo, a reflexión crítica sobre as fontes e a presentación formal do mesmo.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, a Xeografía e a Historia potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das ensinanzas de Ciencias Sociais, de acordo co nivel e formación previa dos estudantes e a orientación dos mesmos, tanto de xeito individual como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro. CG3. CE3. CE4. CE5. CE7. CE8. CE9. CT2.
Buscar, obter, procesar e comunicar toda clase de información, transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino-aprendizaxe nas materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. CG4. CE7. CE13. CT1. CT3.
Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas no ámbito das Ciencias Sociais, a Xeografía e a Historia, tanto de grupo como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes. CG6. CE3. CE4. CE9. CE10. CT2. |
40 |
|
B3 B4 B6
|
C3 C4 C5 C7 C8 C9 C10 C13
|
D1 D2 D3
|
Presentación |
Valorarase o xeito de presentar os materiais traballados e a capacidade para fomentar o debate, a discusión e a participación.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son: Buscar, obter, procesar e comunicar toda clase de información, transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino-aprendizaxe nas materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. CG4. |
20 |
|
B4
|
|
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
Presentación e entrega, nas datas sinaladas e conforme aos parámetros indicados, dos exercicios prácticos sinalados.
Os resultados da aprendizaxe avaliados son:
Coñecer os contidos curriculares das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia na Educación Secundaria. CG1. CE6. CE14. CT1.
Coñecer o corpus didáctico esencial relativo aos procedementos de ensino-aprendizaxe das Ciencias Sociais, a Xeografía e a Historia. CG2. CE10. CE11. CT1.
Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por si mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais. CG8. CE3. CE8. CT3. |
40 |
|
B1 B2 B8
|
C3 C6 C8 C10 C11 C14
|
D1 D3
|
O alumnado poderá recuperar as competencias non adquiridas na primeira convocatoria mantendo a nota das probas/actividades xa superadas no caso de acollerse á modalidade de avaliación continua. No caso de non superar as competencias asignadas ou de optar polas probas de avaliación global, deberá presentarse ás probas fixadas na data prevista pola coordinación do Mestrado. As devanditas probas constarán dos mesmos traballos, problemas e prácticas, a exposición dos cales deberá realizarse na devandita data. |