Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
Os resultado de aprendizaxe valorados son:
Coñecemento do entorno próximo, local e rexional, e a súa Historia.
Coñecemento da Historia, Historia da Arte e Xeografía de Galicia, nunha perspectiva comparada.
40
A1 A3
B2
C4 C5
D1 D10
Traballo
Realizarase un traballo colaborativo con diversas actividades que finalizan na entrega dun documento e que deberá ser exposto.
Os resultado de aparedizaxe valorados son:
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partires do uso de fontes e intrepretacións historiográficas.
Elaboración e presentación, oral ou escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
30
A4 A5
B3
D3 D7 D9
Resolución de problemas e/ou exercicios
O alumnado deberá solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesora.
Os resultado de aprendizaxe valorados son:
Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controveridos ou de interese xeral.
Elaboración e presentación, oral ou escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
20
A4 A5
B3
D3 D7 D9
Observación sistemática
Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado.
Os resultado de aprendizaxe valorados son:
Análise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controveridos ou de interese xeral.
Elaboración e presentación, oral ou escrita, de traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
10
A4 A5
B3
D3 D7 D9
Outros comentarios sobre a Avaliación
A Material Virtual na plataforma de teledoncencia MooVi, da Universidade de Vigo, permitirá o acceso aos materiais precisos para adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.
Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido.
O estudantado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade , asistindo ás titorías, que serán fixadas nun horario compatible coa súa actividade, para resolver as dúbidas xurdidas no transcurso da avaliación continua. Así mesmo deberá acudir ás probas que o/a docente considere imprescindibles. No caso do alumnado semipresencial, as actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan poder acceder ao mesmo porcentaxe da nota.
Para aprobar a materia, será preciso superar cada un dos bloques de avaliación da materia.
O alumnado que non siga á modalidadede avaliación continua e que non realice a entrega de, como mínimo, o 80% das actividades prácticas nos prazos establecidos, pasará ao modelo de avaliación final.
O seguimento individualizado da participación do alumnado (10%) será feito a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios enliña, etc..).
O estudantado que elixa ser avaliado mediante a modalidade de avaliación global deberá comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo).
O alumnado que non siga a avaliación continua será avaliado dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 90% da avaliación final, e que examinará a adquisición das competencias tanto teóricas como prácticas. O resto (10%) será avaliado mediante observación sistemática.
Todos os estudantes matriculados na materia deben cumprir o seu compromiso de honestidade académica e respectar os dereitos de autor/a tanto á hora de empregar os materiais postos á súa disposición a travésde Moovi, como en calquera tarefa, proba ou exame.
Calquera indicio de plaxio será cualificado cun cero, entendendo por iso cando se copien no substancial obras alleas, o que inclúe todo tipo de material ou recurso suxeito a propiedade intelectual, desde ideas e imaxes ata softwares ou vídeos, entre outros, sen citarse debidamente dándoas como propias.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000