Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Acondicionamento Organoléptico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Os conceptos teóricos van ser expostos en leccións maxistrais tipo "disputatio", utilizando pizarra, diaporamas e outros medios audiovisuais. Se lles farán preguntas ós alumnos durante a exposición dos temas para fomentar a súa participación.
Seminario Nas horas adicadas ós seminario vanse plantexar problemas e cuestións que os alumnos empezarán a resolver na clase e rematarán posteriormente fóra da aula. Poden elaborarse en grupos de 2 ou de forma individual.
Resolución de problemas Os alumnos deben contestar ós problemas e exercicios plantexados nos boletíns de cada tema (un boletín por tema) e deben entregar ó profesor un informe cas respostas a cada boletín nas datas previstas.
Prácticas de laboratorio Realizarán 4-5 prácticas de laboratorio con determinados alimentos, co fin de que aprendan a coñecer as propiedades sensoriais de varios grupos de alimentos. Cada alumno debe entregar un informe individual por cada práctica realizada.
Traballo tutelado Debe elaborarse un traballo individual, preferiblemente diseñarase e realizarase unha cata de alimentos, que se exporá o último día de clase.
Eventos científicos Cada alumno debe asistir, como mínimo, a unha conferencia divulgativa ou a unha cata sensorial, dentro das actividades que se planifican na Facultade para o curso académico. Tamén poden facer unha visita virtual, a un portal ou a unha páxina web relacionada coa materia. Debe entregarse un informe por cada conferencia/visita.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000