Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
 Materias
  Produción de Compostos Base a partires de Residuos Lignocelulósicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación O traballo tutelado elaborado será presentado en clase ante o profesor e os compañeiros.
Valorarase a organización dos contidos e o dominio do tema exposto. Teránse en conta as respostas ás preguntas formuladas polo profesor e os compañeiros. Valoraráse tamén a participación como oínte, segundo os comentarios e preguntas realizadas nas exposicións dos compañeiros.
Traballo tutelado Realizarase un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia utilizando diferentes ferramentas TIC para aplicar a aprendizaxe colaborativa na aula e fóra dela (Postcast educativos, infografías, minipresentaciones, notas de voz, vídeos educativos, ... Estes traballos daranse a coñecer á sociedade a través de redes sociais e en diferentes eventos.
O alumnado contará co asesoramento do profesorado para resolver calquera dúbida relacionada co mesmo.
Lección maxistral Exposición na aula dos fundamentos básicos da materia.
O alumnado poderá consultar co profesorado todas as dúbidas que teña sobre calquera parte da materia, xa sexa en horario de titorías ou a través de internet (a través do correo electrónico ou a través da plataforma Moovi).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000