Haberá dous grupos diferenciados de estudantes: os que nunca cursaron unha asignatura similar (grupo A) e os que xa teñan coñecemento (demostrado) das técnicas instrumentais explicadas na materia (grupo B).
AVALIACIÓN DOS ESTUDANTES DO GRUPO A: Realizaranse dous exames Parciais, nos que evaluaranse os coñecementos teóricos adquiridos na asignatura, debendo obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada exame; ademais, deberase obter unha mínima puntuación en cada unha das Unidades Didácticas. Cada exame parcial de teoría suporá un 20% da calificación final. Realizaranse dous exames Parciais, nos que evaluaranse a resolución numérica de problemas, debendo obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada exame. Cada examen parcial de problemas suporá un 10% da calificación final. A criterio da profesora, estos exames poderían ser sustituidos por entrega de diversas tareas. Terase en conta, para a evaluación final, a asistencia ás clases de explicación teórica da asignatura (5%), así como a participación nas mesmas (5%). Se todos os estudantes poden e están de acordo, realizaranse prácticas de laboratorio, que serán calificadas pola profesora en base á asistencia (obrigatoria), e á actitude e aptitude dos alumnos/as durante o desenvolvemento das mesmas. Cada grupo deberá entregar unha memoria das prácticas onde consten todos os cálculos realizados, así como a discusión e xustificación dos resultados finais. A calificación suporá un 30%. No caso de non poder realizarse esta actividade, dita puntuación repartirase entre os exames de teoría (pasará cada exame do 20 ao 25%) e os exames de resolución de problemas (pasará cada exame do 10 ao 20%). Na segunda convocatoria da asignatura (Xullo) examinarase toda a parte práctica (resolución de problemas e prácticas de laboratorio, de ser o caso) e teórica da asignatura, debendo superar a puntuación mínima requerida para cada unha das distintas Unidades Didácticas da asignatura.
AVALIACIÓN OPCIONAL para ESTUDANTES DO GRUPO B: Realización dun traballo sobre unha técnica (ou grupo de técnicas) de análise que non estivera incluida no temario (nin da asignatura do Máster, nin da asignatura que cursara anteriormente dito alumno/a). Calificarase en función da actitude e do traballo en sí (forma de abordar os conceptos a desarrollar, redacción, presentación...do documento escrito e exposición, de ser o caso) e suporá ata o 100% da nota final. |