Realización dun traballo orixinal relacionado
co algún dos múltiples ámbitos do mundo
laboral propios dun/dunha graduado/a en ciencias ambientais, sempre baixo a
supervisión dun tutor asinado a esta materia.
O traballo fin de grado está orientado a completar e reforzar as competencias asociadas ao título. Na elaboración e na presentación da memoria do traballo, emplearánse adecuadamente recursos informáticos e as TIC´s. O traballo presentarase de forma escrita e se defenderá oralmente, ante unha comisión nomeada a tal efeto, ben de xeito presencial ou ben non presencial de acordo co determinado no seu momento polas autoridades académicas. |
As directrices xerais relativas á definición, elaboración, presentación,
defensa e avaliación administrativa dos TFG da Facultade de Ciencias da
Universidade de Vigo regularanse polo Regulamento para a realización do
Traballo de Fin de Grao da Universidade de Vigo e da Facultade de
Ciencias. |