A
modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aqueles estudantes
que desexen realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial)
deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a
través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da
impartición do curso. Avaliación Continua En primeira convocatoria, os estudantes deberán
alcanzar máis do 35% no conxunto do exame de preguntas obxectivas e o exame de
preguntas de desenvolvemento para que lles sexa sumada a puntuación do resto de
actividades suxeitas a Avaliación Continua e que se desenvolveran nos seus
correspondentes prazos. Para a segunda edición, os estudantes manterán por
defecto as puntuacións obtidas nas actividades de seminarios e prácticas, pasando a examinarse unicamente das sesións maxistrais cun exame
de preguntas obxectivas e de preguntas de desenvolvemento. Os estudantes deberán acadar máis dun 35% do total deste examen para poderlle
sumar as puntuacións de seminarios e prácticas. Non
obstante, nesta segunda edición os estudantes poden renunciar as puntuacións
acadadas nesas actividades (seminarios e practicas), sendo
avaliados unicamente cun exame que constará de preguntas tipo test e preguntas
de desenvolvemento relacionados cos contidos das sesións maxistrais así coma
problemas e preguntas dos contidos de seminarios e prácticas. Este exame valerá
o 100 % da nota e será preciso acadar nel máis dun 50%. Para optar a esta
posibilidade en segunda edición, os estudantes que seguiron a Avaliación
Continua deberán renunciar por escrito as cualificacións obtidas nas
actividades de seminarios e prácticas, enviando para tal
efecto un correo electrónico ao responsable da materia dúas semanas antes da
data oficial do exame da segunda edición. Avaliación Global Este sistema de avaliación será o que seguirán os
estudantes que así o manifestaran en tempo e forma, ademais dos estudantes que pola
súa actividade profesional fora do ámbito académico lles impida unha
presencialidade superior ao 10% nas sesións maxistrais, seminarios e prácticas.
Neste último caso, os estudantes deberán acreditar debidamente a súa situación
(copia oficial do contrato de traballo). A Avaliación global se fará de acordo cun único exame
que reparará na consecución das competencias da materia e que valerá o 100% da
nota final sendo necesario acadar unha cualificación de 5 sobre 10. O exame da
modalidade de Avaliación global consistirá en preguntas tipo test e preguntas
de desenvolvemento relacionados cos contidos de sesións maxistrais, así coma
problemas e preguntas dos contidos de seminarios e prácticas. O tipo de exame descrito para a Avaliación Global será
o que deberán superar os estudantes que se presenten á convocatoria Fin de
Carreira, no que deberán acadar máis dun 50% da nota total para superar a
materia. En caso de non asistir a dito exame, ou de non aprobalo, pasarán a ser
avaliados polo sistema por defecto (Avaliación Continua) salvo que indiquen o
contrario en tempo e forma. Espérase que o estudantado presente un comportamento
ético adecuado. En caso de detectar un comportamento ético non adecuado (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados durante
prácticas, exercicios de seminarios ou exames, e outros) considerarase que o/a estudante
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global na convocatoria ordinaria (1ª edición) será de suspenso
(0.0). De persistir ou repetir este comportamento na convocatoria
extraordinaria (2º edición), a valoración será igualmente suspenso (0.0). En todo caso, a
estes efectos, se seguirán os procedementos descritos no “Regulamento sobre a
avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de
aprendizaxe do estudantado” da Universidade de Vigo, aprobado no Claustro o
18/04/2023. Casos particulares serán revisados de forma especial,
a condición de que os responsable/s da materia consideren que o/a estudante
acade as competencias específicas da materia. Datas de exames: Fin de carreira: 24/09/2024 16 horas 1ª edición: 08/11/2024 ás 16 horas 2ª edición: 02/07/2025 ás 10 horas En caso de error na transcrición das datas de exames,
as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios
e na web do Centro. |