- Para aprobar a asignatura, o estudante debe obter unha nota mínima de 5
puntos no exame. - A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferida) aínda que o alumnado poderá dispoñer como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo
ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da
docencia da materia. - Recoméndase estar ao día da información que se proporcione nas
plataformas de teledocencia. - Débense entregar os exercicios de autopreparación dos seminarios, coas
respostas correctas e cunha presentación adecuada. - Mediante a resolución de exercicios nos seminarios e as prácticas de
laboratorio, seguirase a evolución dos alumnos. - En caso de consideralo necesario, proporcionarase material adicional ao
alumno para reforzar a súa aprendizaxe autonómica e farase un seguimiento
maior. - Os alumnos con responsabilidades laborais entregarán os exercicios
analizados nos seminarios debidamente resoltos, incluíndo as respostas dos
exercicios de autopreparación e aquelas preguntas formuladas polo profesor en
cada seminario, que se subirán á plataforma Moovi. No caso de que non poidan
asistir ás prácticas de laboratorio, entregarán traballos que conteñan
problemas relacionados con esta actividade, nos que terán que describir as
técnicas analíticas máis adecuadas para a determinación de contaminantes
biolóxicos e químicos do aire, así como o tratamento máis adecuado dos datos
obtidos e o seu correspondente análise. Entregaráselles unha guía (plataforma Moovi)
onde se especifique a forma correcta para a confección do informe de prácticas
e con problemas resoltos que lles permitan resolver os exercicios prácticos que
se lle propoñerán.
Datas de exames: As datas de
exame publícanse no tablón de anuncios e na web da Facultade de Ciencias. Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por
examinarse en fin de carreira será evaluado únicamente co exame (que valerá o
100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame ou non aprobalo,
pasará a ser evaluado do mesmo xeito que o resto de alumnos. |