- Primeira oportunidade: Haberá dúas posibilidades de avaliación: Opción
A: A modalidade de avaliación preferente será a avaliación continua. Anunciarase a principio de curso
un cronograma onde aparecerán as datas das distintas probas de avaliación
continua. Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación
continua terán a obriga de colocar unha fotografía tipo carné en Moovi
antes da primeira proba de avaliación e de acceder regularmente á
plataforma de teledocencia, para estar así ao corrente das novidades que
se produzan. O sistema de avaliación por defecto será a avaliación continua. Aqueles estudantes que desexen a avaliación global (100% da
cualificación no exame oficial) deben comunicalo ao responsable da
materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non
superior a un mes dende o comezo da docencia da materia. Opción B (avaliación global) : O
estudante será avaliado mediante a realización dun exame final de
carácter escrito na data oficialmente establecida coas seguintes probas: preguntas obxectivas (75%) e resolución de problemas e/ou exercicios (25%). - Recuperación: Segunda oportunidade (xullo de 2025): Haberá tamén dúas formas de avaliación: Opción A:
No sistema de avaliación continua conservaranse as notas dos dous tipos
de probas realizadas: Preguntas obxectivas (75%) e resolución de problemas
e/ou exercicios (25%) acadadas en 1ª oportunidade. Poderase subir nota
nas seguintes partes: Proba de preguntas obxectivas (75%) e resolución de problemas
e/ou exercicios (25%). - Opción B (Avaliación global): Os
alumnos que se acolleran ao sistema de avaliación global terán dereito a
un exame final que abarcará unha proba de preguntas obxectivas (75%), e unha proba de
resolución de problemas e/ou exercicios (25%). Convocatoria fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado unicamente con un exame final (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo modo que o resto dos alumnos. As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes edicións son
as seguintes: Fin de Carreira: 19/09/2024, 16 h Ordinaria: 8/11/2024, 16 h Extraordinaria (xullo): 04/07/2025, 16 h En
caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas
oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro. É
necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a
realización dos exames. O incumprimento deste requisito pode ter como
consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión. |