Lección maxistral |
Exposición dos fundamentos teóricos, que o/a estudante precisa coñecer, para realizar as prácticas de laboratorio e resolver problemas, exercicios e cuestións curtas, de Física básica. A teoría impartirase empregando o método expositivo, e participativo no que o estudante poderá intervir directamente, na exposición das principais ideas asociadas aos contidos, mediante preguntas curtas individuais, que estimulan a atención dos alumnos e fan mais dinámica a sesion maxistrais. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas impartiranse no laboratorio durante unha semana, coa finalidade de que os alumnos adquiran as destrezas propias do método científico: observación, experimentación, tratamento dos datos e análise numérica dos resultados. Esas sesións prácticas irán precedidas dunhas clases onde se lles indicará o método de cálculo informático das incertezas, experimentais e estatísticas. |