A materia aborda os fundamentos teóricos e históricos da propaganda como modelo de comunicación persuasiva, prestando especial atención aos medios, ás tecnicas e ás estratexias empregadas polos emisores de comunicación, así como á sua influencia na esfera mediática e na percepción pública da realidade política, social, cultural e económica, en diferentes contextos da historia conemporánea.
Materia do programa Português Amigável. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia na lingua estranxeira, b) atender as titorías na lingua estranxeira, c) probas e avaliacións en lingua estranxeira.