Esta materia aborda contidos relacionados cos fundamentos mesmos da Publicidade. Desde unha perspectiva histórica comeza cunha breve introdución á historia da Publicidade para achegar ao alumno a outros contidos teóricos básicos da publicidade e a súa actividade como son a definición e concepto de publicidade e diferenzas con disciplinas afíns, as teorías e modelos publicitarios, as funcións e características da publicidade, tipos de publicidade e o propio proceso publicitario a súa estrutura e actores.