Guia docente 2026_27
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Economía aplicada a la publicidad y las relaciones públicas
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Economía aplicada a la publicidad y las relaciones públicas Código 11594-53780-S
Titulación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía aplicada
Coordinador/a
Chamorro Rivas, José María
Correo-e chamorro@uvigo.es
Profesorado
Chamorro Rivas, José María
Web http://https://fcom.uvigo.gal/
Descrición xeral Economía aplicada á Publicidade e ás Relacións Públicas é unha materia de formación básica de primeiro curso que introduce o estudantado nos fundamentos do razoamento económico e na súa aplicación ao ámbito da comunicación comercial e institucional. A materia parte dos principios básicos da economía e do funcionamento dos mercados, o comportamento de consumidores e produtores e a eficiencia do intercambio, para avanzar cara á análise da empresa, a organización da industria e o papel que a publicidade desempeña nela. Abórdanse así mesmo a teoría da elección do consumidor, a economía da información e da conduta (con especial atención á relación principal-axente e á información asimétrica) e as nocións macroeconómicas esenciais relativas ao diñeiro, os tipos de xuro e os prezos a longo prazo.

Cun enfoque que combina a fundamentación teórica coa resolución práctica de problemas e casos, a materia dota o alumnado das ferramentas conceptuais necesarias para interpretar a contorna económica na que operan as axencias, os anunciantes e as organizacións, e para analizar datos e actividades económicas estreitamente vinculados á publicidade e ás relacións públicas.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000