Farmacoloxía Clínica céntrase nos efectos dos fármacos sobre as persoas en xeral, pero tamén en subgrupos específicos e en pacientes concretos. Inclúe os fundamentos para avaliar os principios que rexen a acción farmacolóxica e a relación entre os efectos terapéuticos (beneficios) e os efectos non desexables (riscos), así como as medidas que fomentan o uso seguro de medicamentos.