Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
3
2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas especiais
Coordinador/a
Rial Fernández, Ramón Benigno
Correo-e
rrial@uvigo.es
Profesorado
Rial Fernández, Ramón Benigno
Tenreiro Varela, Pablo
Web
Descrición xeral
A materia Iniciación ao Remo e ao Piragüismo impártese no segundo cuadrimestre do terceiro curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Nesta materia proporciónase unha visión xeral do Remo e do Piragüismo. Desde unha perspectiva teórica, abórdanse diferentes aspectos referentes a sua estructura externa,o medio no que se desenvolven,os tipos de embarcacións e as suas modalidades, a técnica básica,maniobras,fundamentos do seu adestramento, tipos de competicións,didáctica, aspectos recreativos, etc. Desde unha perspectiva práctica, realízase un percorrido a través de distintos tipos de embarcacións cos que conta a Facultade.
Debido ó medio no que se desenvolven as prácticas (río Lérez) é requisito imprescindible saber nadar.