A materia Proxectos de Moda II afonda no deseño de moda como práctica de investigación-creación, promovendo unha exploración persoal, crítica e avanzada. A partir da revisión do traballo previo, o estudantado define unha liña propia de investigación e desenvolve unha colección de moda mediante métodos experimentais e recursos técnicos complexos. Explóranse procesos de hibridación, sustentabilidade avanzada e deseño inclusivo, así como diálogos entre artesanía e tecnoloxía. O proxecto complétase cunha comunicación narrativa e visual de carácter profesional.