Esta materia introduce ao alumnado no prototipado avanzado de moda desde un enfoque práctico e experimental. Abórdanse conceptos básicos aplicados á creación de volumes, a localización de puntos anatómicos para a toma correcta de medidas directas, e o estudo de figuras xeométricas como recurso no patronaxe. Tamén se traballará a creación sobre maniquí, a manipulación do tecido e as transformacións artísticas a través de técnicas como o drapeado – clásico, plano e asimétrico – e o patronaxe Zero Waste, promovendo propostas creativas sostibles dentro do deseño de moda.