Esta materia aborda a relación das tendencias contemporáneas do deseño cos contextos socioculturais, económicos e políticos, introducindo ao alumnado na análise crítica de teorías, prácticas e discursos do deseño moderno e actual. Traballarase o uso de ferramentas profesionais para estudar e interpretar tendencias e o seu impacto na sociedade, así como a capacidade de desenvolver unha visión crítica fundamentada a partir do análise de proxectos.