Esta materia ofrece unha aproximación estratéxica e aplicada á planificación, contratación e avaliación de campañas en medios dixitais. Céntrase na selección de canles, na segmentación de audiencias, na análise de métricas e indicadores de rendemento, así como na comprensión dos actores e dinámicas que interveñen no ecosistema publicitario dixital.