O obxectivo da materia Comunicación de crise e reputación dixital é preparar ao alumnado para afrontar os retos que as crises supoñen nas organizacións/empresas desde o punto de vista da comunicación. Ao final do curso, o alumnado será capaz de prepararse para responder a diferentes tipos de crises desde o punto de vista comunicativo, con especial atención ás características que conlevan as redes sociais nestas situacións.