Ecosistema de medios sociais e ferramentas dixitais é unha materia que presenta aos principais actores que
conforman o ecosistema da comunicación dixital, os seus códigos, as interrelacións que se establecen entre eles e os obxectivos e motivacións de cada un nese proceso de intercambio. O enfoque da materia fai que estes contidos se aborden tanto desde a vertente corporativa como desde o punto de vista do individuo e da súa competencia dixital.