Modelado e Análise de Redes Complexas aborda o estudo estrutural e dinámico de redes que xorden nos campos da telecomunicación, a socioloxía, a economía, etc. Estúdanse, en particular, modelos de xeración de redes, de difusión de información, de contaxio, de aprendizaxe e de formación de coalicións. Os contidos teóricos aplícanse a casos prácticos de estudo.