Guia docente 2026_27
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitaro en Realidade Estendida
 Materias
  Trabajo fin de máster
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2026_27
Materia Trabajo fin de máster Código 10412-752125-S
Titulación
Máster Universitaro en Realidade Estendida
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
9 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Martínez Sánchez, Joaquín
Correo-e joaquin.martinez@uvigo.es
Profesorado
Martínez Sánchez, Joaquín
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral O Traballo Fin de Máster (TFM) consiste nun exercicio orixinal, realizado individualmente, no que o estudante debe amosar de forma integrada os coñecementos, habilidades e competencias adquiridos ao longo do Máster en Realidade Estendida. Comprende a análise, deseño, implementación e validación dun proxecto relacionado coas tecnoloxías inmersivas (Realidade Virtual, Aumentada e Mixta).
O TFM poderá desenvolverse a proposta dunha empresa, organización, universidade ou centro de investigación. Procurarase potenciar a realización de traballos de utilidade para as empresas do sector, así como a colaboración entre estudantes das dúas especialidades. O traballo será titorizado ou cotitorizado por profesorado do máster, deberá concluír coa redacción dunha memoria e será obxecto de presentación e defensa pública ante un tribunal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000