O Traballo Fin de Máster (TFM) consiste nun exercicio orixinal, realizado individualmente, no que o estudante debe amosar de forma integrada os coñecementos, habilidades e competencias adquiridos ao longo do Máster en Realidade Estendida. Comprende a análise, deseño, implementación e validación dun proxecto relacionado coas tecnoloxías inmersivas (Realidade Virtual, Aumentada e Mixta).
O TFM poderá desenvolverse a proposta dunha empresa, organización, universidade ou centro de investigación. Procurarase potenciar a realización de traballos de utilidade para as empresas do sector, así como a colaboración entre estudantes das dúas especialidades. O traballo será titorizado ou cotitorizado por profesorado do máster, deberá concluír coa redacción dunha memoria e será obxecto de presentación e defensa pública ante un tribunal.