Materia centrada na interacción multimodal en Realidade Estendida (XR), explorando técnicas de interacción espacial, xestual, visual, vocal e háptica. Aborda o deseño, desenvolvemento e avaliación de experiencias inmersivas, considerando usabilidade, presenza, accesibilidade, ética e privacidade. Inclúe actividades prácticas con ferramentas actuais para crear aplicacións XR.