Esta materia proporciona os fundamentos e técnicas para comprender e modelar o contorno en aplicacións de Realidade Estendida. Abórdase o uso de SDKs externas en motores gráficos para estimar modelos xeométricos mediante superficies primitivas, así como a navegación do usuario en escenarios virtuais ou mixtos. Explóranse métodos para identificar superficies de interacción, xestionar a oclusión e realizar unha estimación conxunta do contorno e a navegación. Ademais, introdúcese o recoñecemento de obxectos como compoñente clave para enriquecer a experiencia inmersiva e adaptativa en contornos XR.