Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra

Acceso e admisión

https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/matriculate/matricula-grados

https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/estudos-grao/grao-enfermaria-p51g140v01

Enfermería é unha profesión regulada, é dicir aquela cuxa actividade profesional está subordinada a disposicións legais e á posesión dunha determinada  cualificación profesional, polo que o Grao en Enfermería capacita para o exercicio da profesión de Enfermería, baseado na ORDE  CIN/2134/2008, do 3 de xullo, que establece os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enfermería.

O desenvolvemento da profesión de enfermaría contribúe a promover, protexer e mellorar a saúde, a seguridade e o benestar da poboación, previr as enfermidades e as súas consecuencias así como favorecer a sostibilidade do sistema sanitario. Con estes obxectivos nace o novo Grao en Enfermaría impartido nos tres campus da Universidade de Vigo.

O Título planificouse unha formación total de 240 créditos  ECTS, dividida en oito cuadrimestres, cunha duración de catro anos lectivos e cun tipo de ensino de carácter presencial.

Número de prazas máximas de novo ingreso ofertadas no primeiro curso de implantación por modalidade de ensino: 50 prazas.

Non se establecen probas adicionais para o acceso ao título de Grao en Enfermería, aténdose unicamente ao establecido pola  CIUG e pola normativa vixente de Universidade de Vigo.

Recoméndase unha actitude colaborativa e unha visión integral capaz de relacionar e relacionarse con todas as dimensións do ser humano. Ademais, debería demostrar unha adecuada disposición para o traballo en equipo, o estudo continuado, reflexivo e crítico, a capacidade de adaptación continua ao cambio e o manexo de situacións con gran carga física e emocional. Igualmente requírese responsabilidade, equilibrio, e madurez persoal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000