Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Programación II Código V05G301V01110
Titulación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 2c
Lingua de impartición
Inglés
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Blanco Fernández, Yolanda
Correo-e yolanda@det.uvigo.es
Profesorado
Blanco Fernández, Yolanda
Fernández Masaguer, Francisco
Gil Solla, Alberto
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral O obxectivo xeral da materia é proporcionarlle ao alumnado os fundamentos teóricos e as competencias prácticas que lle permitan analizar, deseñar, desenvolver e depurar aplicacións informáticas seguindo o paradigma orientado a obxectos. Esta é unha materia eminentemente práctica e neste sentido está orientada ao traballo do alumnado na realización de prácticas de programación.

Para facilitar o desenvolvemento das prácticas, na materia, realizarase primeiramente unha moi breve introdución á disciplina de Enxeñaría do Software, conectándoa co paradigma da programación orientada a obxectos (POO). A continuación, analizaranse en detalle os elementos da POO, utilizando elementos e diagramas UML que utilizará o alumnado nos seus desenvolvementos.

Materia do programa English Friendly. O estudantado estranxeiro poderá solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.

Na realización das actividades académicas desta materia permítese o uso de intelixencia artificial xenerativa (IAX). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAX, debe avaliarse de forma crítica calquera resultado que proporcione, e verificar de forma cuidadosa calquera cita ou referencia xerada. Así mesmo, recoméndase declarar o uso das ferramentas utilizadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000