Esta materia está concibida como unha introdución ás característcicas da tradución de textos biomédicos. Preténdese ofrecer unha base que permita:
a) Coñecer os aspectos específicos da tradución de textos biomédicos
b) Coñecer fontes e recursos de documentación
c) Coñecer liñas de investigación que se están desenvolvendo en relación coa tradución de textos biomédicos.
d) Iniciar unha posible liña de traballo tanto desde o punto de vista profesional como investigador