O obxectivo desta materia é capacitar os estudantes de máster para resolver os problemas documentais asociados á tradución multimedia, a través do coñecemento dos documentos obxecto desta tradución, das técnicas de análise, selección e tratamento da información, das técnicas de avaliación de fontes e do coñecemento de ferramentas de busca.