Descrición xeral |
O emprego público está a cambiar en tódolos sistemas administrativos da OCDE e a Unión Europea. Moitas son as causas (demografía, incremento complexidade problemas públicos, novos usuarios), sen embargo tódolas diagnoses coinciden en que está a cambiar dunha maneira exponencial e moi diversa con relación aos modelos de emprego dos séculos XIX e XX. O século XXI está a resultar o tempo de cambio onde as habilidades para o emprego manifestanse coma unha das necesidades tanto para os que desexan acceder ao emprego público, como aos que desexan cambiar de posto ou nivel de goberno-administración. Na materia que se desenvolverá ao longo do segundo cuadrimestre proponse un emprego práctico da adquisición de competencias, habilidades e destrezas para a procura activa de emprego público, así como para o desenvolvemento de novas habilidades ("skills") que permitan ao alumnado poñerse en contacto cos novos procesos selectivos públicos, así como cos novos requisitos que demandan as institucións públicas para o seu acceso no marco da Axenda 2030. |