Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Cordal Rodríguez, Constantino
Correo-e
tinocordal@uvigo.gal
Profesorado
Cordal Rodríguez, Constantino
Web
Descrición xeral
A materia “Cooperación Internacional para o Desenvolvemento” pretende abordar o sistema de cooperación ao desenvolvemento internacional contemporáneo, facilitándolle ao alumnado coñecementos sobre a súa evolución, os seus principais actores, obxectivos e instrumentos, así como o seu impacto. Ao facelo, a materia céntrase en particular no papel da cooperación ao desenvolvemento no contexto da Axenda 2030, así como nas cuestións relativas aos dereitos humanos e á igualdade de xénero. Tamén se presta atención especial aos enfoques críticos sobre o concepto e a aplicación práctica da cooperación ao desenvolvemento.