Descrición xeral |
Co Traballo Fin de Máster (TFM) preténdese que cada estudante poña en práctica os coñecementos adquiridos ao longo do máster integrando os contidos aprendidos sobre as distintas áreas funcionais da empresa e aplicando a metodoloxía de análise e deseño estratéxico.
O estudante desenvolverá un proxecto de creación de empresa ou un plan estratéxico para unha empresa en funcionamento percorrendo as etapas do proceso estratéxico: diagnóstico externo, diagnóstico interno, deseño do plan director, elaboración dos plans funcionais e conclusións sobre a viabilidade do proxecto. |