Rotatorio de 12 semanas (aprox.) de prácticas tuteladas no servizo elixido polo estudante segundo expediente académico. Calquera necesidade individual deberá tramitarse co titor académico, mínimo cun mes de antelación, antes do inicio do período. Cumprimentarase un cartafol/dossier que será entregado mensualmente. En caso de non entregalos, repercutirá negativamente na cualificación restando un 0.5% cada un de eles. A cualificación definitiva calcularase sobre un máximo de dez puntos. Incluíndo todos os apartados da cualificación final.
En unidades de hospitalización, realizaranse 6 Plans de Atención de Enfermaría, que se avaliarán dentro do 20% correspondente ao titor (10% PAES).
Realizarase unha proba escrita, para a avaliación dos contidos teóricos en cada servizo, (segundo a rúbrica establecida).
O estudante conta á súa disposición cunha normativa de asistencia a prácticas, de obrigado cumprimento, que estará publicada en MOOVI.
Nela inclúense aspectos relativos ás penalizacións na avaliación final por faltas de asistencia sen xustificar, así como as normas xerais e disciplinarias do centro.
A falta de asistencia non xustificada,segundo a normativa, suporá el suspenso e a interrupción inmediata do período.
Permitirase un máximo de 8 faltas xustificadas na rotación, que serán de recuperación obrigatoria no período establecido para tal fin polo responsable da materia.
No caso de que nas avaliacións finais, o número de matriculas de honra conseguidas polos/as estudantes superen as ofertadas pola Universidade, aplicarase o baremo da nota media para adxudicar matricula de honra. |